Demo

Presentación "SOFT POWER"

  • Procedencia: Madrid
  • Imparte: Asunción Bernárdez Rodal
  • Autoría: Asunción Bernárdez Rodal
  • Tipo: Presentación libro

SOFT POWER: Heroinas y muñecas.

A enorme influencia social que ostentan os medios de cultura de masas, eses poderes brandos (soft power) que adoitan reflectir os intereses das institucións dominantes, radica en que conforman a nosa existencia e as crenzas que consideramos íntimas dun xeito insidioso. Asistimos ao cine, vemos unha serie, lemos relatos de ficción como unha forma de evasión e divertimento, abandonándonos ao pracer que nos producen e inconscientes do seu enorme poder adoutrinador. Por iso, desde unha perspectiva feminista crítica, resulta imprescindible analizar as novas formas de representación da muller que nos propoñen.

Asunción Bernárdez Rodal é profesora titular na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid (UCM). As súas principais líñas de investigación son os Estudos Feministas, de Xénero e Visuais e a Semiótica dos medios de masas, sobre os que ten publicado máis de cincuenta  artigos académicos e diversos libros, entre eles, Mujeres en medio(s).Propuestas para analizar la comunicación masiva con perspectiva de género. Na actualidade é directora do Instituto de Investigacións Feministas da UCM.