Demo

Obradoiro de creación escénica

O que propoñemos neste obradoiro é mostrar e reproducir a pequena escala o método de creación que nós fomos investigando e desenvolvendo a partir das nosas experiencias, para investigar e descubrir as posibilidades expresivas dos actores e das actrices cando non parten de textos previos. Mediante o xogo e as improvisacións individuais e colectivas, trataremos de xerar unha obra propia, non tanto para acadar un resultado óptimo, senón co obxectivo de experimentar o goce e a vertixe de xerar contido escénico a partir do material emotivo e imaxinativo que cada un/ha pode aportar.

A Compañía

IBUPROFENO TEATRO está formado por MARIÁN BAÑOBRE e SANTIAGO CORTEGOSO, dous profesionais que despois de anos de traxectoria en numerosas compañías galegas e foráneas, promoven en 2010 o seu selo de produción para emprender proxectos persoais e independentes que traten os temas claves do individuo contemporáneo cunha linguaxe propia e recoñecible.