Demo

Rojo

  • Compañía: Mireia Miracle
  • Procedencia: Cataluña
  • Dirección: Leandre Ribera, Mireia Miracle
  • Autoría: Leandre Ribera, Mireia Miracle
  • Tipo: Clown
  • Estrea: Estrea en Galicia
  • Presentación: 2017

A Compañía

Mireia Miracle fórmase en teatro xestual (pedagoxía Jacques Lecoq) e en danza contemporánea. En 2010 funda a compañia Semilla Teatro.

No 2013 ten a oportunidade de traballar co clown Leandre Ribera en "Iceberg 02" seleccionados no IN do Festival  "Chalons dans la Rue", Francia. Iceberg 02 xira durante tres temporadas por Francia, España, Italia, Suiza, Bélxica. Holanda e Israel sendo un antes e un despois na súa carreira.

ROJO é unha busca da súa propia linguaxe e escritura teatral, influenciada enormemente pola experiencia obtida de traballar cun dos grandes pallasos contemporáneos.

Sinopse

Un obstáculo, unha liña, un límite. ROJO, é o camiño dun clown, é unha viaxe cara os límites, o que nos impón e o que nós mesmos nos xeramos. 

Extrañas provisións de viaxe: chaves, pomos de portas, ilusións, polvo, lembranzas… 

ROJO é un diálogo cun muro, unha danza cos confíns, un soño que está máis alá, é algo que deixar atrás para poder avanzar.  

O motor da viaxe é o desexo de chegar ao outro lado, ao lugar no que están os outros. 

Espectáculo de teatro xestual, clown. Para tódos os públicos. 

Ficha artística

  • Idea : Mireia Miracle
  • Creación e dirección: Mireia Miracle
  • Mirada externa: Leandre Ribera
  • Coreografía e movemento: Iris Muñoz
  • Construción escenografía: El Taller del Lagarto.
  • Produción: Mireia Miracle

Colaboradores e agradecementos a: Artesescena Ávila, Espacio El Campo de Cebada, Circada- Festival de Circo de Sevilla e Kaldearte, Muestra Internacional de Artes de Calle.

Destaques

  • Premio CIRCAIRE 2017, OFF CIRCADA, Sevilla.
  • Estrenado en CIRCADA 2017.