Demo

II Torneo de Dramaturxia de Galicia

O II Torneo de Dramaturxia de Galicia consolídase como unha aposta firme da MITCFC para dar a coñecer a nosa dramaturxia, creando un nexo directo entre  autoras/es e público. 

Este proxecto, pioneiro en Galicia, conta coa imprescindible colaboración de DramaturGA, a primeira asociación profesional da dramaturxia galega. 

A Asociación Galega de Dramaturxia é a plataforma das autoras e autores dramáticos de Galicia. Naceu no ano 2015 coa intención de mellorar, defender e velar polas condicións laborais das profesionais do sector e visibilizar a dramaturxia galega. 

Así mesmo, promove actividades de formación, edición de pezas teatrais e xera espazos de encontro e debate procurando, sempre, novas fórmulas que incentiven a posta en escena das dramaturxias galegas.

Sinopse

Unha mestra de cerimonias única presentará este furioso combate no que catro recoñecidas dramaturGAS e dramaturGOS de Galicia bátense na procura do voto do público. As armas a usar? Retruques da palabra, ideas, ritmos, conflitos, sorpresas, accións, silencios.

O público asistirá a catro lecturas dramatizadas, interpretadas por actrices e actores profesionais de recoñecido prestixio, e será o propio público quen vote os textos que máis lles teñan gustado para que, de entre as catro pezas participantes, resulte unha soa a gañadora. Un espectáculo teatral, divertido e único que se verá avivado pola participación activa do público.

Ficha artística

  • Mestra de Cerimonias: Esther F. Carrodeguas
  • DramaturG@S: Paula Carballeira, Clara Gayo, Ernesto Is e Xosé Prieto.

ESTHER F. CARRODEGUAS

ESTHER F. CARRODEGUAS

PAULA CARBALLEIRA

PAULA CARBALLEIRA

CLARA GAYO

CLARA GAYO

XOSÉ PRIETO

XOSÉ PRIETO

ERNESTO IS

ERNESTO IS