Demo

Revoltallo en Sala: Divinas Palabras

  • Compañía: Escola Municipal das Artes Escénicas de Cangas
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Casilda Alfaro
  • Autoría: Ramón Mª del Valle-Inclán
  • Tipo: Traxicomedia
  • Estrea: Estrea absoluta

A Compañía

O movemento teatral de Cangas, conformado por compañías profesionais, grupos escolares e afeccionados, asociacións culturais e veciñais e un público activo que ten no teatro unha das súas prioridades de ocio, forneceu a creación dunha Escola Municipal que estabilizase e consolidase a relación Cidadanía-Teatro. A EMAEC, pola que xa pasaron 300 alumnos, nace no 2008 co obxectivo de achegar o coñecemento da práctica teatral e mostrar ao público ese traballo coa posta en escena de obras interpretadas polo alumnado, da man do equipo pedagóxico, técnico e artístico de Teatro de Ningures.

Sinopse

Divinas Palabras (traxicomedia de aldea) Dramaprotagonizado por seres marxinais. A avaricia e a luxuria desencadean a trama.

Un enxendro, anano hidrocéfalo, exposto en feiras e romarías para conseguir diñeiro é agora disputado por Marica del Reino, irmá da nai defunta, e por Mari Gaila, muller de Pedro Gailo, o sancristán, irmán da finada. Mari Gaila inicia un romance con Sétimo Miau, un faranduleiro trashumante. Finalmente, e despois da ira, o seu marido, Pedro Gailo, grazas ao resoar das "divinas palabras" en latín, volve á rutina cotiá coa súa muller.

Ficha artística

  • INTÉRPRETES: (por orde alfabético) Julia Abal, María Acuña, Noela Avendaño Paredes, Sonia Couto, Rosa E. Gantes, Ana Fernández, María Fernández, Ana Iglesias, Andrés Gesteiro, Carlos G. Zunzunegui, Jesús Graña Menduiña, Ángeles Menduiña, Ana Perez, Carlos Prado
  • MÚSICO: Xosé Rocha Puga
  • TRADUCIÓN: Xosé Manuel pazos
  • ESPAZO SONORO: Xosé  Rocha Puga
  • ILUMINACIÓN: Salvador del Río
  • ESCENOGRAFÍA E ATREZO: EMAEC
  • VESTIARIO: EMAEC
  • IMAXE: Diego Seixo
  • TÉCNICO: Hector Pazos
  • DIRECCIÓN: Silda Alfaro