Demo

As novas da Mostra

Toda a actualidade da MITCFC, para que non te perdas ningunha información sobre os nosos espectáculos, eventos e demais actividades.

 

Maxia cómica da man da pallasa Mandarina

Un espectáculo de maxia cómica para todos os públicos que fixo as delicias de nenos e maiores na Praza do Costal de Cangas. Laura Muñoz, ou a pallasa Mandarina, a pallasa Mandarina recibe clases do seu avó, o grande ilusionista e prestidixitador Casimiro Chipirón. Na sala de ensaios está todo preparado, só falta que chegue el. Mentres agarda, a curiosa Mandarina aproveita para atusmar nos obxectos máxicos do avó e facerlles maxia aos pequenos voluntarios do público.

"Estamos a constru\u00edr unha Europa cultural \u00e1 marxe da pol\u00edtica"

'Teatro e Sociedade: Un compromiso coa cidadanía' foi unha charla que tivo como principal cometido reivindicar o papel de compromiso coa sociedade do teatro, que non debe ser entendido como un simple adorno cultural ou un pasatempo. Mónica Caamaño moderou a charla, na que participaron Rosa B. Villar, de Teatro Del Barrio; Xesús Ron, do grupo Chévere; Fernando Dacosta, de Sarabela Teatro; Sonia Rúa, de Teatro de Ningures; Baltasar Patiño, de Matarile Teatro; e Andrés Valverde, de 'La Fontaine Aux Images’. Cada un deles explicou a traxectoria das súas compañías e a necesidade de que o teatro adquira un sentido e utilidade máis aló do mero entretemento.

'El Rey', lección de teatro, historia e humor

Cun cheo ata a bandeira. Así foron recibidos os actores da obra 'El Rey' no Auditorio de Cangas. Luís Bermejo, Guillermo Toledo e Javier Gutiérrez deron unha lección de historia contemporánea, de humor e de interpretación. E o público soubo agredecerllo regalándolles unha pechada ovación de varios minutos e o a xente en pé. Grazas a Teatro del Barrio por demostrarnos que tamén se poden contar cousas serias arrincándonos grandes gargalladas. 

'Máis alto aínda', as mellores acrobacias na rúa

As rúas de Cangas foron onte o escenario dun marabilloso espectáculo de gran altura. Unha muller forte, intelixente, atractiva e divertida topa cun home... Estúpido. El ha facer o que sexa para estar con ela, e ela fará todo o posible por escapar. Ela é dona de si mesma, el é infantil. Veremos como a súa loita frenética vaise intensificando a medida que atopan un trapecio de balanceo, cordas aéreas e un hula-hoop de lume.

'Las Cervantas', historia, crítica social y humor

O Auditorio de Cangas vivíu o venres a pre estrea mundial da obra de teatro 'Las Cervantas'. Un público entregado e enganchado cunha historia baseada en feitos reais, con grandes doses de crítica social e humor. As irmás Gracia Olayo e Sole Olayo subiron ao escenario interpretando ás irmás do autor de El Quijote, Andrea e Magdalena de Cervantes, respectivamente. A actriz Clara Berzosa, no papel de Isabel de Saavedra (filla bastarda de Miguel); Irene Ruíz, interpretando a Constanza de Ovando (filla de Andrea); e Yaël Belicha, no papel de Catalina Salazar, esposa de Miguel de Cervantes).