Demo

As novas da Mostra

Toda a actualidade da MITCFC, para que non te perdas ningunha información sobre os nosos espectáculos, eventos e demais actividades.

 

Lembrando a María Mazás

Cúmprese un ano do seu pasamento, pero a súa obra semella estar máis viva ca nunca. María Mazás foi unha artista polifacética que, coma di un dos seus grandes amigos, naceu para facer cousas marabillosas. Retrados, sombreiros, mosaicos, esculturas,... Convertía en arte o que tocaba cunha sinxeleza a naturalidade extraordinaria. Co gallo da XXXV Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, estivo exposta unha parte importante da súa obra. Ao longo de máis dun mes, foron moitas as persoas que visitaron o Auditorio de Cangas para ver os seus traballos. Algús achegábanse por primera vez á María Mazás artista. Outros, coñecían algunhas pezas pero ninguén tivera a oportunidade de ver nun mesmo espazo unha recopilación dos seus traballos. Unha mostra do seu talento. 

Premio da Crítica de Galicia á MITCFC

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas celebra o Premio da Crítica de Galicia 2018 recibido o sábado 3 de novembro.

Un premio que lle recoñece:

Agradecemento polo Premio da Crítica das Artes Escénicas 2018

Grazas. Moitísimas grazas en nome das entidades organizadoras desta Mostra: Concello de Cangas, Teatro de Ningures e A.C. Xiria e do equipo organizador, Che Mariño, Lao Graña, Xoán Carlos Riobó, Juan José Pérez, Paula Tenorio e Salvador del Río, o noso coordinador.

Grazas ao xurado que decidiu votar o proxecto da MITCFC. Competiamos con grandes da escena galega, Manuel Lourenzo, un referente indiscutible da nosa dramaturxia, e o mítico Festival de Títeres de Redondela, un irmán.

A obra de Gustavo Pernas, parte da nosa Historia

Lamentamos profundisimamente a perda de Gustavo Pernas, unha das  voces máis brillantes da dramaturxia galega. Gran pedagogo, actor, director e investigador. Un todoterreo da arte dramática. Un home honesto, unha belísima persoa. Pártenos o corazón non volver escoitar a súa fermosa voz coas súas, sempre lúcidas e combativas palabras. Demasiado novo para irse. Deixa orfa esta profesión á que tanto lle deu. O seu talento indiscutible queda nas nosas memorias. A súa obra é xa parte da nosa Historia.

Grazas por tanto, Xoán Cejudo

Este país acaba de perder unha das súas mellores cabezas. Un home culto e xeneroso. Infatigable lector, estudoso, reflexivo, brillante, irreverente, divertido e libertario. Xoán Cejudo. Un auténtico mestre.