Demo

As novas da Mostra

Toda a actualidade da MITCFC, para que non te perdas ningunha información sobre os nosos espectáculos, eventos e demais actividades.

 

  • danza 0017 Escanear-
  • danza 0016 Escanear-
  • danza 0015 Escanear-
  • danza 0014 Escanear-
  • danza 0013 Escanear-
  • danza 0012 Escanear-
  • danza 0011 Escanear-
  • danza 0010 Escanear-6b
  • danza 0009 Escanear-6c
  • danza 0008 Escanear-
  • danza 0007 Escanear-7b
  • danza 0006 Escanear-
  • danza 0005 Escanear-8b
  • danza 0004 Escanear-
  • danza 0003 Escanear-
  • danza 0002 Escanear-
  • danza 0001 Escanear-
  • danza 0000 Escanear-

A Escola de Teatro de Cangas interpreta 'Divinas palabras'

O teatro é unha das prioridades de ocio tanto para nenos como para adultos en Cangas. É por iso que hai anos a vila veu nacer a Escola Municiipal de Artes Escénicas de Cangas. A EMAEC, pola que xa pasaron 300 alumnos, nace no 2008 co obxectivo de achegar o coñecemento da práctica teatral e mostrar ao público ese traballo coa posta en escena de obras interpretadas polo alumnado, da man do equipo pedagóxico, técnico e artístico de Teatro de Ningures.

'Confio-te o meu corpo', o novo ensaio de Becerra de Becerreá sobre o teatro

Afonso Becerra de Becerreá presentou no Auditorio de Cangas o seu último libro 'Confio-te o meu corpo', un ensaio sobre a dramaturxia pos dramática. Confio-te o meu corpo sitúa o corpo no centro do discurso, porque, tal e como explica o autor, "é no corpo onde ten lugar a vida e o xogo teatral". No corpo é onde sentimos as cousas máis importantes: paixón, medo, vergoña, ledicia…

Aprendendo a crear con Ibuprofeno Teatro

Santiago Cortegoso e Marián Bañobre, de Ibuprofeno Teatro, imparten desde o luns ata o venres 6 de xullo o Obradoiro de Creación Escénica. A actividade que se desenvolve nas Naves de Ojea, pretende mostrar e reproducir a pequena escala o método de creación que a compañía de teatro foi investigando e desenvolvendo ao longo dos anos. Mediante o xogo e as improvisacións individuais e colectivas, Marían Bañobre e Santiago Cortegoso xeran unha obra propia, non tanto para acadar un resultado óptimo, senón co obxectivo de experimentar o goce e a vertixe de xerar contido escénico a partir do material emotivo e imaxinativo que cada un/ha pode aportar.

'A leituga' e os conflitos familiares

Un reparto de excepción enriba do esceanario do Auditorio Municipal de Cangas. Xose Barato, Mercedes Castro, Antonio Duran “Morris”, Federico Pérez e María Vázquez son os actores e actrices que protagonizan a obra de teatro 'A Leituga', da compañía galega Eme2, dirixida por Víctor Duplá. 

Música, maxia e divertimento con 'Carillón'

'Carilló' é un espectáculo da compañía de espectáculos La Tal. Un espectáculo de música, maxia e, sobre todo, divertimento. Ding, dong, ding, dong... Soa a música do carillón, as engrenaxes comézanse mover... Tic-tac, tic-tac... É a hora! Cabaleiros e pallasos enchen o escenario, onde se mesturan pelexas e paixón. A maxia sae de dentro dun reloxo xigante inundando a vila de Cangas, mentres esperta a curiosidade do paseante.