Demo

As novas da Mostra

Toda a actualidade da MITCFC, para que non te perdas ningunha información sobre os nosos espectáculos, eventos e demais actividades.

 

  • danza 0017 Escanear-
  • danza 0016 Escanear-
  • danza 0015 Escanear-
  • danza 0014 Escanear-
  • danza 0013 Escanear-
  • danza 0012 Escanear-
  • danza 0011 Escanear-
  • danza 0010 Escanear-6b
  • danza 0009 Escanear-6c
  • danza 0008 Escanear-
  • danza 0007 Escanear-7b
  • danza 0006 Escanear-
  • danza 0005 Escanear-8b
  • danza 0004 Escanear-
  • danza 0003 Escanear-
  • danza 0002 Escanear-
  • danza 0001 Escanear-
  • danza 0000 Escanear-

Ernesto Chao, sempre nas nosas memorias

A Historia do Teatro e Audiovisual deste país non se pode escribir sen o nome de Ernesto Chao quen, ademais de actor, produtor e gañador de múltiples premios, foi o primeiro presidente da Academia Galega do Audiovisual (AGA), presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, impulsor e presidente de Escena Galega, director do Centro Dramático Galego (CDG) e un incombustible combatente a prol da nosa cultura, normalización da lingua e profesionalización do noso teatro e audivisual.

'Rojo', o grande espectáculo de Mireia Miracle

A compañía de Mireia Miracle pesentou nas rúas de Cangas o seu espectáculo 'Rojo', baseada na historia dun dun clown. Unha viaxe cara os límites, o que nos impón e o que nós mesmos nos xeramos.  ROJO é un diálogo cun muro, unha danza cos confíns, un soño que está máis alá, é algo que deixar atrás para poder avanzar.  Un espectáculo de teatro xestual, clown para todos os públicos. 

Somos nómadas

A compañía Xarope Tulú presentou o seu espectáculo 'Nómades', cos actores María Roja, Atenea García e Diego Martínez enriba do escenario. Unha obra infantil e xuvenil que tivo un público moi entregado. Xarope Tulú é unha compañía comprometida coas linguaxes escénicas dirixidas á infancia e á xuventude, que convida a viaxar por mundos de texturas e cores singulares. Fundada no ano 2015 pola actriz Atenea García e o músico Nicolás Zamorano. As súas propostas tentan achegar entre si as diferentes linguaxes escénicas: o teatro de obxectos, a música, a interpretación actoral e a narración oral entre outras, procurando non aferrarse a un único estilo interpretativo; facicilitando o descubrimento doutros mundos posibles e a creación dun espazo para a reflexión.

A terapia das palabras da man de Carme Abizanda

Carme Abizanda, profesora de Literatura Dramática na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, onde imparte clases desde o ano 2006, ofrece, dentro do Programa Mulleres en Acción da Mostra de Cangas, o obradoiro 'A terapia das palabras: O pracer de crear'. Ao longo de dous días, Abizanda ofrece este obradoiro que ten como obxectivo "atopar os cauces a partir dos cales as nosas testemuñas nos permitan explorar desde a ficción e desde o xogo".

'Caída libre' gaña o Torneo de Dramaturxia

A Sala Salasón de Cangas foi acolleu o martes pola noite a segunda edición do Torneo de Dramaturxia de Galicia, para dar a coñecer a nosa dramaturxia, creando un nexo directo entre  autoras/es e público. Este proxecto, pioneiro en Galicia, conta coa imprescindible colaboración de DramaturGA, a primeira asociación profesional da dramaturxia galega. Na edición deste ano, participaron catro dramaturgos. Cada unha das pezas de todos eles foi interpretada por dous actores diferentes. Ata o último momento, nin os actores sabían o texto que lles ía tocar dramatizar, nin os escritores sabían quenes interpretarían o seu escrito.