Demo

As novas da Mostra

Toda a actualidade da MITCFC, para que non te perdas ningunha información sobre os nosos espectáculos, eventos e demais actividades.

 

  • danza 0017 Escanear-
  • danza 0016 Escanear-
  • danza 0015 Escanear-
  • danza 0014 Escanear-
  • danza 0013 Escanear-
  • danza 0012 Escanear-
  • danza 0011 Escanear-
  • danza 0010 Escanear-6b
  • danza 0009 Escanear-6c
  • danza 0008 Escanear-
  • danza 0007 Escanear-7b
  • danza 0006 Escanear-
  • danza 0005 Escanear-8b
  • danza 0004 Escanear-
  • danza 0003 Escanear-
  • danza 0002 Escanear-
  • danza 0001 Escanear-
  • danza 0000 Escanear-
  • MITCFC
  • Novas
  • Obradoiro de Creación Escénica a cargo de Ibuprofeno Teatro

Obradoiro de Creación Escénica a cargo de Ibuprofeno Teatro

A XXXV Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas inclúe na súa programación un Obradoiro de Creación Escénica, que correrá a cargo de Ibuprofeno Teatro, unha compañía privada formada por Santiago Cortegoso e Marián Bañobre, dous profesionais que -despois de anos de traxectoria en numerosas compañías galegas e foráneas- promoven en 2010 o seu propio selo de produción, para emprender proxectos teatrais dun xeito persoal e independente, nos que se poida integrar a escrita dramática no mesmo proceso de creación e posta en escena das obras.

O obradoiro, de 20 horas lectivas, levarase a cabo nas Naves de Ojea de Cangas entre o 2 e o 6 de xullo, ámbolos dous días incluidos, en horario de 10 a 14 horas.  O taller tentará mostrar e reproducir a pequena escala o método de creación que Ibuprofeno Teatro foi desenvolvendo para investigar e descubrir as posibilidades expresivas dos actores e das actrices cando non parten de textos previos. O prezo do mesmo será de 60€ e só hai disponibles 15 prazas.

Santiago Cortegoso e Marián Bañobre farano no contexto físico dunha nave abandonada, en ruína, para desenvolver a relación do ser humano cos espazos e cos obxectos. Trátase dun obradoiro multidisciplinar, no que poden participar persoas procedentes das diferentes disciplinas: danza, interpretación, dramaturxia, escenografía, iluminación, etc.

INSCRICIÓN

As personas interesadas en participar neste Obradoiro poderán inscribirse a partir das 10.00h do venres 8 de xuño e ata as 10.00h do luns 25 de xuño. Para facer efectiva a inscrición é imprescindible enviar o formulario de inscrición, debidamente cuberto, ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Pódese descargar directamente o formulario na seguinte ligazón: Formulario Obradoiro de Creación Escénica

SELECCIÓN

A selección realizarase por rigorosa orde de inscrición. A lista das persoas seleccionadas publicarase a partir das 13.00 h do luns 25 de xuño. Publicarase, tamén, a lista por orde de inscrición de todas as persoas aspirantes ás prazas.

A reserva da praza formalizarase mediante o ingreso do importe do taller entre o luns 25 de xuño e o xoves 28 de xuño, ambos incluídos, sendo imprescindible enviar copia do pago da matrícula ao correo electrónico da MITCFC : Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. . En caso de anulación da reserva por parte dalgunha das persoas matriculadas, a organización non se compromete á devolución do importe da mesma se a praza non chegase a cubrirse.

O pago realizarase por medio de transferencia bancaria á ASOCIACIÓN CULTURAL XIRIA, ao número de conta que se lle notificará ás persoas seleccionadas, indicando no concepto o nome da persoa admitida e a referencia OBRADOIROS MITCFC, sendo imprescindible enviar unha copia do ingreso da matrícula a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

A COMPAÑÍA

Ibuprofeno Teatro producíu espectáculos como: A filla de Woody Allen (2010), Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios (2012), FITNESS (2013), BULTO (2014) e O Furancho (2015). Todos eles foron e están a ser distribuídos dentro e fóra de Galicia, en festivais e prazas de moito prestixio (Mostra de Autores Contemporáneos de Alicante, Feira de Ciudad Rodrigo, Umore Azoka de Leioa, Festival de MIM de Sueca, etc.), con moi boas críticas e o recoñecemento de varios premios (María Casares a Mellor Actriz, Vestiario e Autor, nominacións nos Max, etc.).

Raclette inaugura unha nova xeira da compañía, na que asume producións dun formato superior, con elencos máis numerosos, persisitindo na procura do rigor na posta en escena, no traballo interpretativo e na concepción dos textos e dos procesos de creación, que continúan a procura dunha linguaxe persoal e recoñecible para falar dos temas claves que lle afectan ao ser humano contemporáneo, a través de personaxes que buscan a súa identidade individual nun contexto social globalizado e complexo que non conseguen controlar, o que os leva a situacións absurdas e cargadas dun humor acedo e sarcástico.

Ademais da produción de obras teatrais, Ibuprofeno Teatro organiza e dirixe espectáculos de promoción de actividades, como por exemplo o programa Noites Abertas do Concello de Pontevedra ou a Gala de entrega dos Premios María Casares 2014, ademais de impartir obradoiros de creación escénica, clown e escrita dramática para diferentes institucións, festivais e escolas de teatro.

PREMIOS RECIBIDOS

-Premio “Coiro de Pita” da Sala Ingrávida (O Porriño) ao Mejor espectáculo programado na temporada 2015-2016, por A filla de Woody Allen.

-Premio María Casares 2016 ao Mellor Vestiario por O Furancho.

-Finalista nos Premio María Casares 2016 a Mellor Autor por O Furancho.

-Premios María Casares 2013 a Mellor Actriz e Mellor Autor por Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios.

-Finalista nos Premios max 2011 a Mellor Autor Galego por A filla de Woody Allen.

-Premio Fetega (Festival do Carballiño) a Mellor espectáculo e Mellor Actriz (Isabel Risco) por O Furancho.

DOCENTES

MARIÁN BAÑOBRE

Actriz, clown, creadora escénica e deseñadora de vestiario

IBUPROFENO TEATRO

2016. “Raclette”, escrito e dirixido por Santiago Cortegoso

2015. “O Furancho”, escrito e dirixido por Santiago Cortegoso

2014. “Vulto”, creada por por Marián Bañobre e Diego Seixo.

2012. “Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios que non serven para cambiar o mundo pero fan que quedemos máis tranquilos”, escrito e dirixido por Santiago Cortegoso.

2010. “A Filla de Woody Allen”, escrito e dirixido por Santiago Cortegoso. Solo de teatro.

TEATRO DE NINGURES

2010. “Homes... Mulleres: O Paraíso Terreal”, de Santiago Cortegoso, Paula Carballeira e María Armesto. Dirección: Etelvino Vázquez.

2009. “Os cómicos dell’Auto”, creación colectiva. ESPECTÁCULO DE RÚA.

2006. “Misericordia”, de Benito Pérez Galdós. Dirección: Etelvino Vázquez.

2005. “Tartufo”, de Moliere. Dirección: Etelvino Vázquez.

2002. “O Principiño” , de Antoine de Saint- Exupéry. Dirección: Salvador del Río.

TEATRO DO MORCEGO

2005. “A Farsa do Bululú”, de Manuel María. Dirección: Celso Parada.

2005. “O Circo enmeigado”, de R. Dieste. Dirección: Celso Parada.

2004. “Momo”, de M. Ende. Dirección: Celso Parada.

2003. “Os vellos non deben de namorarse”, de A. D. R. Castelao. Dirección: Celso Parada.

2003. “A Gran Ilusión” ,de Eduardo de Filippo. Dirección: Celso Parada.

LA ESCAPISTA/SALA TRIÁNGULO/JUANJOTERO PRODUCCIONES.

2009. “Hámster”, de Santiago Cortegoso. Dirección: Fernando Soto.

CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

2007. “A piragua”, escrito e dirixido por Candido Pazó. Dous anos máis tarde retomada pola compañía do director: Abrapalabra.

NOVE-DOUS TEATRO

2007. “Ás veces sentímonos tan cansos que facemos estas cousas”, de Rodrigo García. Dirección: Roberto Cerdá.

2007. “Fóra de Xogo”, escrito e dirixido por Maxi Rodríguez .

PRODUCIÓNS DESAQUELOUTRADAS

2002. “Tanis I O Mocos”, de Manuel Lourenzo González. Dirección: Angel Monteagudo.

CASAHAMLET

2000. “A Orestiada”, de Esquilo. Dirección: Theodor Smeu Stermin.

1999. “A Doncela Guerreira”, de Rafael Dieste. Dirección: Manuel Lourenzo.

Con IBUPROFENO

2016 - Raclette

2015 - O furancho

2014 - Vulto

2013 - Fitness

2012 - Pequenos actos pseudorrevolucionarios…

2010 - A filla de Woody Allen

 

SANTIAGO CORTEGOSO

Santiago Cortegoso é autor, director e actor. En 2010 promove, xunto a Marián Bañobre, o seu propio selo de produción, Ibuprofeno Teatro.

Escrita dramática

-FURANCHO. Para Ibuprofeno Teatro, 2015. Nominado nos Premios María Casares 2016 a mellor texto orixinal.

-RACLETTE. Premio Álvaro Cunqueiro 2014 (Agadic). Estreado por Ibuprofeno Teatro, 2016.

-SMOKE ON THE WATER. Premio MOME Varela Buxán 2013, do Concello da Estrada.

-PEQUENOS ACTOS PSEUDORREVOLUCIONARIOS. Para Ibuprofeno Teatro, 2012. Premio María Casares 2013 a mellor texto orixinal.

-EL CHARCO DE ULISES. Becado en Iberescena 2010. Editado por Artezblai, 2012.

-HOMES…MULLERES. O PARAÍSO TERREAL. Para Teatro de Ningures, 2010.

-A FILLA DE WOODY ALLEN. Para Ibuprofeno Teatro, 2010. Finalista nos Pemios Max 2012 a

Mellor autor galego.

-OS CÓMICOS DELL’AUTO. Para Teatro de Ningures, 2009. Nominado nos Premios María Casares 2010 a mellor texto orixinal.

- 0’7% MOLOTOV. Premio Rafael Dieste 2009, Ed. Deputación da Coruña, 2010 Estreado por Teatro de Ningures en 2011. Finalista nos Pemios Max 2012 a Mellor autor galego. Nominado nos Premios María Casares 2012 a mellor texto orixinal.

-CASA O’REI. TRAXICOMEDIA GASTRONÓMICA. Editorial Morgante, 2010.

-HÁMSTER. Seleccionado nos III Encuentros en Magalia de 2008. Editado no nº 60 da Revista Galega de Teatro. Estreado pola Sala Triángulo de Madrid en 2009.

-DES-MEMORIA-2. Para Disquedanza, 2009.

-VISIÓN NOCTURNA. Lectura dramatizada no Salón Teatro, do C.D.G., 2007.

Con IBUPROFENO

2016 - Raclette

2015 - O furancho

2014 - Vulto

2013 - Fitness

2012 - Pequenos actos pseudorrevolucionarios…

2010 - A filla de Woody Allen