• Inicio

Queremos 'Diario Cutural'

  • Clara Castilla

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas quere expresar o seu malestar ante a noticia da desaparación da programación da Radio Galega do espazo DIARIO CULTURAL, excelentemente dirixido pola xornalista, poeta e académica, Ana Romaní. A nova deixanos en estado de perplexidade e confusión.

Preguntámonos como é posible que un programa cultural de referencia, cun número importante de oíntes, unha marca recoñecida da propia radio pública galega, con prestixio recoñecido, deixe de ter interese para o propio ente. É coma se a Coca Cola deixara de ser fabricada e diluíran o seu contido nunha nova bebida. Incomprensible desde o punto de vista comercial. Incomprensible desde o punto de vista cultural e incomprensible desde o punto de vista social.

Con todo o respecto, desexamos e solicitamos ás persoas que tiveron e aprobaron esta idea que recapaciten. Que entendan que eliminar o DIARIO CULTURAL é, ademais de anticomercial, un erro moi difícil de xustificar tanto diante das persoas consumidoras de cultura como das que a producen.

Concordamos absolutamente e aplaudimos a decisión de ampliar en 50 minutos a programación cultural, pero non a costa de diluír un programa de éxito e un referente. A MITCFC está convencida de que se  poden ampliar eses 50 minutos de mil maneiras diferentes sen que sexa en detrimento do DIARIO CULTURAL, unha marca de referencia cultural e excelencia profesional da radio pública galega.

Non nos autoboicoteemos, por favor. Copiémoslle ben ao pobo americano e espallemos a nosa cultura. Non a restrinxamos.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.