Demo

As novas da Mostra

Toda a actualidade da MITCFC, para que non te perdas ningunha información sobre os nosos espectáculos, eventos e demais actividades.

 

  • MITCFC
  • Novas
  • A Mostra solidarízase coa actriz Iria Pinheiro

A Mostra solidarízase coa actriz Iria Pinheiro

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) quere solidarizarse coa actriz galega Dª Iria Pinheiro e respaldala na súa decisión de denunciar o acoso e trato vexatorio sufrido por parte do director do programa Con amor e compañía de Ficción Producciones e emitido pola TVG, D. José Luís Villas Orta. 
 
A MITCFC rexeita enerxicamente calquera tipo de comentario sexista, tratamento discriminatorio ou comportamento agresivo que puidese ter invadido o espazo íntimo da actriz e fose realizado polo director do programa.
 
Actitudes coma  estas, ademais de ser profundamente machistas, casposas e deplorables, están totalmente afastadas da ética e da boa práctica profesional e laboral, cuestións imprescindibles para o correcto desenvolvemento profesional de calquera produción audiovisual galega, sexa pública ou privada.