• Inicio

O actor, director e dramaturgo Andrés Lima volve a Cangas para impartir o seu prestixioso taller de interpretación

  • Clara Castilla

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas convoca 34 prazas (14 prazas para participantes activos e 20 para oíntes) para participar no Taller ‘Interpretación para actores’ ofrecido polo director, actor e dramaturgo Andrés Lima.

O taller, que terá lugar no Auditorio Municipal de Cangas, terá unha duración de 18 horas lectivas dende o martes 5 ata o venres 8 de xullo, en horario de 10.30 a 15:00 horas. As persoas interesadas en asisitir poderán inscribirse a partir das 16.00h do mércores 15 de xuño, e ata as 24h do martes 21 de xuño.

Para facer efectiva a inscrición é imprescindible enviar o formulario de inscrición, dispoñible no apartado de Documentación da web da Mostra (www.mostrateatrocangas.org),  debidamente cuberto xunto ao currículo teatral actualizado coas producións profesionais nas que se estivo contratada/o, ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Tamén se poderá enviar por fax ao numero de teléfono 986303696.

O taller terá un prezo de 150 euros para os participantes activos e de 40€ para os oíntes. Desenvolverase partindo do que Andrés Lima chama “a cualidade”, a conxunción do “esencial” que propón o texto e o “persoal” que proporá o actor. 

Andrés Lima (Madrid 1961) é actor e director teatral. Está considerado coma un dos grandes directores de escea españois. Coa compañía de teatro Animalario, cos que conseguíu tres Premios Max á mellor dirección, contribuíu nos últimos anos á renovación dos conceptos da posta en escea del teatro español. Realizou numerosos cursos por España e estivo becado para a residencia Internacional de Escritores Emerxentes, no Teatro Royal Court (Londres).

Na súa faceta como director e autor teatral, destacan as producións ‘El montaplatos’ (Sala Matadero de Madrid 2011), ‘El mal de la juventud’ (Teatro de la Abadía), ‘Penumbra’ (Teatro Matadero), ‘Fallstaff’ (Teatro Valle Inclán), ‘Las alegres comadres’ de Windsor para la Comedie Française (Sala Richelieu-2009), ‘Urtain’ de Juan Cavestany, ‘Striptease’, de A. Lima con Sol Picó e Carles Padrisa…, ‘Marat-Sade’ de Peter Weis (CDN-Animalario), ‘Argelino’ (servidor de dos amos) sobre Arlequino de Goldoni (versión de A. Lima e Alberto San Juan), as zarzuelas ‘El Bateo’ e ‘De Madrid a París’ para o Teatro da Zarzuela, ‘Pornografía Barata’, ‘Tren de mercancías, huyendo hacia el oeste’ de A. Lima. Alberto San Juan e J. Cavestany, ‘El fin de los sueños’ de Alberto San Juan, ‘Los Openheart’ para a compañía Caracalva, ‘¿Quién te importa que te ame?’, de A. Lima. Alberto San Juan e J. Cavestany, ‘A solas con Marilyn’ de Alfonso Zurro, ‘Entiénde de tú a mí’ de Eloy Arenas, ‘Por mis muertos’ de Ernesto Caballero, Sergi Belbel, José Ortega e Alfonso Zurro, ‘Las siamesas del puerto’ y ‘Una noche italiana’ para a compañía Riesgo, ‘El graduado’ (Teatro Coliseum de Madrid), ‘Alejandro y Ana’, ‘Últimas palabras de Copito de Nieve’ (Juan Mayorga) ou ‘Hamelin’ (Juan Mayorga) para a compañía Animalario e  ‘La noche y la palabra’, ópera contemporánea de J. M. López López para Teatro de la Abadía.

Entre os seus traballos como actor de teatro destacan as obras ‘Falstaff’ (dirección de Andrés Lima), ‘Mirandolina’ (versión de Ernesto Caballero sobre ‘La Posadera de Goldoni’), ‘La ratonera’ de A. Cristhie, ‘Los cuernos de don Friolera’ de Valle Inclán, ‘Las bizarrías de Belisa’ de Lope de Vega, ‘Air Port’ da compañía Suspect Culture (Escocia), ‘La boda de los pequeños burgueses’ de Bertolt Brecht, ‘La penúltima’ de H. Pinter, ‘Los otros’ de J.C. Groumberg, ‘Medora’ de Lope de Rueda, ‘El libertino’ de Eric Enmanuelle Smith (versión y dirección de Joaquín Hinojosa),’Hamelin’ de Juan Mayorga…

Igualmente, é un intérprete recoñecido tanto en televisión como en cine, onde destacan os seus traballos en ‘Goya’s Ghost’ de Milos Forman (escrita por Jean Claude Carriere), ‘Días de cine’ de David Serrano, ‘El viaje de Carol’ de Imanol Uribe, ‘Los lunes al sol’ de Fernando León, ‘Juana la Loca’ de Vicente Aranda, ‘Un buen novio’ de Chus Delgado, ‘Celos’ de Vicente Aranda, ‘La primera noche de mi vida’ de Miguel Albadalejo, ‘Días de fútbol’ de David Serrano, ‘Horas de luz’ de Manolo Matgi, ‘Vida y color’ de Santiago Tabernero ou a curtametraxe ‘Recursos humanos’, así coma nas series ‘Policías’, ‘Periodistas’ ou ‘Los simuladores’…

Información de tallerdeteatro.es

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.