• Inicio

"Estamos a constru\u00edr unha Europa cultural \u00e1 marxe da pol\u00edtica"

  • Clara Castilla

'Teatro e Sociedade: Un compromiso coa cidadanía' foi unha charla que tivo como principal cometido reivindicar o papel de compromiso coa sociedade do teatro, que non debe ser entendido como un simple adorno cultural ou un pasatempo. Mónica Caamaño moderou a charla, na que participaron Rosa B. Villar, de Teatro Del Barrio; Xesús Ron, do grupo Chévere; Fernando Dacosta, de Sarabela Teatro; Sonia Rúa, de Teatro de Ningures; Baltasar Patiño, de Matarile Teatro; e Andrés Valverde, de 'La Fontaine Aux Images’. Cada un deles explicou a traxectoria das súas compañías e a necesidade de que o teatro adquira un sentido e utilidade máis aló do mero entretemento.

 

Debido ao carácter internacional da Mostra, tivemos unha conversa con Andrés Valverde, director da compañía ‘La Fontaine Aux Images’. Andrés é un dos milleiros de españois que naceu en Francia despois de que a súa familia fuxise da España franquista. Segundo el mesmo conta, nos seus comezos era un “artista do centro” de París pero deuse conta de que estaba facendo “teatro popular sen o pobo”. Foi entón cando mudou o xeito e facer as cousas e decidiu facer teatro “onde está a xente”. Así comezou a aventura de ‘La Fontaine Aux Images’.

 

Valverde é consciente de que os gobernos non cren que a “excelencia do teatro estea no pobo”, aínda que el si. A súa compañía ten un obxectivo claro: “Inxectar a excelencia popular na capital”. É por iso que Andrés Valverde confesa que lle encanta “traballar con centros sociais, para xente illada, marxinada”, e engade que a son cidadáns que teñen moitas ganas de actuar: “Non se limitan a ser simples espectadores. Queren participar e teñen unha forza e unha enerxía tremendas”.

O teatro de Andrés Valverde ten unha dimensión de denuncia “pero de forma natural. Sen agresividade”. Preguntado sobre se son bos tempos para o teatro, el teno moi claro: “Este tempo necesita moito teatro”. E niso coinciden moitas das compañías que estes días pasan pola Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Segundo o director francés, xa fai varios anos que existe unha Europa cultural” á marxe da Europa política. “Estamos a construír unha internacional cultural”, explica.

 

 

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.