Demo

As novas da Mostra

Toda a actualidade da MITCFC, para que non te perdas ningunha información sobre os nosos espectáculos, eventos e demais actividades.

 

  • MITCFC
  • Novas
  • Gran acollida á exposición dos 30 anos do Teatro do Morcego

Gran acollida á exposición dos 30 anos do Teatro do Morcego

A exposición '30 anos do Teatro do Morcego' acaba de pechar ao público no Auditorio de Cangas e as críticas non poden ser mellores. Ao longo de pouco máis dun mes, centos de persoas puideron ver pezas xa históricas do vestiario, a escenografía, a memoria gráfica e a dramaturxia dun dos grupos senlleiros do teatro galego. 
 
O actor e director Celso Parada e Isabel Ávila fundaron Teatro do Morcego en 1989. Como moitas das cousas máis grandes, o feito de que a Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas acollera esta exposición foi froito dunha marabillosa casualidade. Como Celso e Isabel mesmos lembran, a idea xurdíu arredor dunhas cervexas despois de asistir á manifestación do 8 de Marzo. En referencia á MITCFC, os artífices da compañía expliquen que "tendo colaborado coa casa, traballado na casa e contratado a xente da casa, parece que o destino estaba escrito". E así foi.
 
A exposición era unha instalación feita por Carlos Alonso (escenógrafo e figurinista da compañía nos últimos anos). Para a súa montaxe, utilizou parte do material que Teatro do Morcego conserva. Isabel e Celso aseguran que algún dese material é tamén deseño de Pablo Pastor, artista gráfico e escenógrafo e do grupo de deseñadores "La Canalla".
 
 
Os creadores de Teatro do Morcego destacan que, para entender a mostra, ademais de ver era imprescindible ler. "Na exposición había textos. Nestes  textos podíanse atopar algunha resposta ao porqué do Teatro do Morcego e á boa acollida que sempre tivo do pobo, mellor dito, dos diferentes pobos (de Galiza, de Portugal, de Cataluña, de Castela, de Uruguay, de Brasil) . Por iso, queren agradecer especialmente o traballo dos traductores, autores, directores e asistenta de dirección "polas súas palabras".
 
A escritora Inma López Silva foi quen lles agasollou o título "30 anos de Luz na cova dos morcegos". Carlos Alonso e Tatán "foron á cova e rescataron parte da historia do teatro da que tamén forman parte", explican. "Son os autores desta exposición, da que, insistimos, forman parte os textos".