• Inicio

A Asociación Juan XXIII, premio do Revoltallo en Pedra

  • Clara Castilla
Este ano, a Mostra de Teatro cómico e Festivo contou coa valoración dun xurado composto polas actrices Helena Varela e Se Rial. As modalidades que se deron cita no espazo Revoltallo en Pedra foron a Danza, o Teatro e a Música. Todas elas encheron os recunchos do Concello de Cangas cunha extensa e gratificante participación, amosando cada un deles o mellor do seu traballo, adicación, esforzo e paixón.
 
 
Doce foron os grupos que se deron cita, cos seguintes espectáculos:
-Teatro Aberto
-Rebeca Lar
-Loherin Teatro
-Lume de Karoso
-Academia de Música Staccato
-Escola de danza Inés Núñez
-Boombox danza urbana
-Aspansin
-Enconarte Producións
-Escola Danza Maite Quiñones
-Grupo de Danza Oriental
 
Despois dunha nada doada reflexión, e atendendo a criterios relacionados coa dramaturxia, a posta en escea, a construción dun mundo persoal afastado do convencional e típico e, sobre todo, valorando a implicación e o esforzo de cada un dos actores e actrices que fixeron emocionar ao público por trasladar á escena a naturalidade sen filtros tendo como ferramentas os seus corpos e as súas voces tan cheas de tenrura e poesía, decidimos outorgar o premio á Asociación Juan XXIII, que interpretou a peza 'O merlo branco'.
 

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.