• Inicio

Grazas por tanto, Xoán Cejudo

  • Clara Castilla

Este país acaba de perder unha das súas mellores cabezas. Un home culto e xeneroso. Infatigable lector, estudoso, reflexivo, brillante, irreverente, divertido e libertario. Xoán Cejudo. Un auténtico mestre.

Excelente actor e director que adestrou, desinteresadamente, a moitas xeracións de actrices, actores e directoras/es foi, tamén, un modernizador das artes escénicas, rescatándoas de prexuízos e costumismo e dotándoas de profesionalidade, luz e liberdade.

Esta Mostra, e as persoas que conforman as artes escénicas do Morrazo, público e profesionais,  levámolo na memoria e no corazón. Divertímonos e aprendemos moito con el, dentro e fóra do escenario.

Xoán Cejudo fuxiu sempre da mediocridade e da tacañería artística e intelectual. Deixouse roubar ideas e regalou centos delas. Perdemos a un grande das táboas, do cine, da cultura. Tócalle entrar na a Historia pola porta grande.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.